jueves, 27 de marzo de 2014

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014

            Os vindeiros 27 e 28 de marzo de 2014, o prrofesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares reunirase en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), no que serán os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014.
         Os Encontros reúnen a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira. Pero tamén serán plataforma para a difusión de prácticas de excelencia que se están a dar en moitas bibliotecas escolares galegas, que se exporán en mesas de experiencias sobre "ciencias na biblioteca escolar", sobre a lectura ou sobre as aprendizaxe por proxectos. Haberá ocasión, así mesmo, para reunións temáticas, nos que o profesorado entablará coloquio sobre certas temáticas de interese, trala intervención inicial dun dos participantes: "Investigar ou googlear?" ou "Integración das ciencias e as humanidades na Biblioteca escolar, serán algúnas destas temáticas. Habilitarase un espazo para a exposición de materiais elaborados polas bibliotecas dos centros e, coma en ocasións anteriores, un recuncho para o intercambio de libros entre os lectores e as lectoras interesados. 

Esta actividade de formación está organizada conxuntamente polo Servizo de formación do profesorado - CAFI e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), responsable das iniciativas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura. 
                                                                                                                                             FONTE

miércoles, 12 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA (10-14 marzo)

         
Como sabedes estamos a celebrar a Semana da Prensa  do( 10 ao 14 de Marzo). Outro ano mais  o peródico A VOZ DE GALICIA  convoca o "XI CONCURSO ESCOLAR MELLOR PERIODISTA INFANTIL E XUVENIL".

Nos hipervinculos posteriores podedes acceder as bases do concuso e descargar as maquetas.